Noticias de Interés General


Profesionais da psicoloxía en Galicia revisan a evolución do trauma tras unha intervención en crise


Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013.- A evolución do trauma nas persoas tras unha intervención en crise será obxecto de actualización na vindeira acción formativa que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a través do GIPCE (Grupo de Intervención en Catástrofes e Emerxencias). Este curso celebrarase este venres 31 de maio e o sábado 1 de xuño no Salón de Actos do Colexio, dirixido prioritariamente aos membros do GIPCE, pero con seis prazas abertas para o resto de colexiados/as que teñan interese neste tema.

Abordarase a evolución da crise a curto, medio e longo prazo: estrés agudo, estrés pos-traumático e o trauma complexo. Tamén se terá en conta como é a evolución da resposta á crise, valorando os tipos de crise que pode enfrontar a persoa, a relación entre a crise e o trauma e as implicacións para a intervención. Ademais, darase a coñecer a investigación sobre o crecemento persoal despois do trauma e o impacto da crise e a súa elaboración. Alén de revisar o paso da intervención individual á intervención psicosocial.

Entre os obxectivos destacan os dirixidos a identificar as respostas típicas nunha situación de crise, así como coñecer os tipos de intervención tanto nos momentos de emerxencias como na fase máis avanzada, cando se consolida o trauma.

O curso será impartido por José Navarro Góngora, Profesor na Facultade de Psicoloxía e Director do Servizo de Atención Psicolóxica da Universidad de Salamanca, onde dirixe o Máster Universitario en Intervención en Crise e Trauma. Tamén é Consultor de programas de Psicoloxía da Saúde e de Intervención en Crise para a Unión Europea en Asia Central, España e América.

O curso está incluído no programa anual de formación previsto para todos os membros do GIPCE en 2013, e resulta de grande importancia para os psicólogos e psicólogas que interveñen nunha situación de crise, xa que axuda a coñecer como pode afectar o impacto da mesma nos/as afectados/as, para tratar de prever coa súa actuación, na medida do posible, unha evolución patolóxica do proceso de dó.

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org

Â