Os colexios oficiais reclaman un sistema público que sexa independente das flutuacións económicas
Noticias de Interés General
Psicólogos e educadores alertan do gran aumento na demanda en Galicia dos servizos sociaisSantiago de Compostela, 8 de outubro de 2013.- Os colexios profesionais de PsicoloxÃa e Educadores e Educadoras Sociais de Galicia únense para alertar da difÃcil situación na que se atopa unha maiorÃa crecente de cidadáns que precisa dun sistema consolidado e público de servizos sociais.
No actual contexto de crise, a demanda destes servizos viuse máis acentuada pola insostible taxa de paro existente e pola extrema gravidade da situación económica e polÃtica. En Galicia, aumentou de xeito especial por ter unha poboación cunha elevada taxa de envellecemento. Estes factores inciden directamente na vida persoal, familiar e social dos cidadáns e axudan a romper a cohesión social e ao derrubamento da sociedade en xeral.
Os recursos existentes, que son limitados e escasos, están redistribuÃdos de tal xeito que acadaron un punto de desequilibrio moi grave: un pequeno grupo controlador e acaparador e unha inmensa maiorÃa de persoas nunha situación de vulnerabilidade tan aguda, que se respira un ambiente de tensión social. A situación de ruptura é tal que dificilmente se pode valorar o seu alcance e desenlace.
Os colexios profesionais de PsicoloxÃa e Educadores e Educadoras Sociais alertan de que a dÃa de hoxe están máis vixentes máis ca nunca as conclusións que acadaron no seu primeiro encontro galego, celebrado co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia en decembro de 2012. Os participantes, todos eles profesionais dos tres colexios organizadores, salientaron a situación de extrema gravidade que estaba a vivir o sistema de Servizos Sociais en España e en Galicia.
Case un ano despois, o contexto económico empeorou e son necesarios máis recursos. Os profesionais defenden que é absolutamente urxente frear a decadencia e desaparición do sector público e que se poñan en marcha mecanismos que optimicen as potencialidades do sistema.
No seu diagnóstico, os colexios oficiais coinciden en que Galicia conta cunha rede de profesionais competentes, tanto xerais como especializados, para atender as necesidades da poboación. Galicia ten ademais un sistema estruturado con capacidade de integralos e que pode funcionar de forma eficiente. Pero inciden na gran desvinculación que teñen os responsables polÃticos do goberno coas necesidades reais do resto da poboación, ao ser persoas que non pertencen ao seu cÃrculo e na urxencia de poñer remedio a esta situación.
Psicólogos e educadores sociais reivindican que os despachos, a burocracia e os equipamentos deben ser construÃdos pensando na funcionalidade. É preciso que contacten coa realidade e que fagan posible un sistema máis eficaz e menos custoso.
Asà as cousas, o Colexio Oficial de PsicoloxÃa e o Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia conclúen que:
· Precisamos que se consolide un sistema público de servizos sociais que sexa independente das flutuacións económicas e dos intereses particulares.
· PrecÃsase maior interrelación entre os servizos, departamentos e concellerÃas que ofrecen atención á cidadanÃa.
· Os responsables polÃticos do goberno deben contar cos profesionais dos servizos que xestionan e potenciar que sexan abordados de xeito transversal e coa participación das persoas usuarias na toma de decisións.
· É necesaria a integración na planificación dos servizos das asociacións de veciños e/ou consellos veciñais na procura de máis acercamento ás persoas e á situación real.
· Son precisas as intervencións microsociais e contextualizadas, non esquecendo aos colectivos menos representados.
· O centro dos servizos sociais deben ser as persoas e os colectivos nun contexto determinado polo que é necesaria unha maior flexibilidade e adaptabilidade á realidade diaria.
· O sistema público de Servizos Sociais ten que contar coa participación activa da cidadanÃa e cun terceiro sector con profesionais dos Servizos Sociais.
Â
Ver Documento