Declaración Institucional do Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia co gallo do dÃa Internacional da eliminación da violencia contra a muller
Noticias de Interés General
Declaración Institucional do Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia co gallo do dÃa Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Con motivo do 25 de Novembro, DÃa Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia quere amosar o seu total compromiso coa erradicación de calquera agresión fÃsica, verbal ou social que sufran as mulleres ás mans das súas parellas ou ex-parellas.
Desde o COPG facemos fincapé na importancia de que as institucións e a sociedade colaboren para avanzar na tolerancia cero con todos os tipos de malos tratos. Para poder continuar loitando contra a lacra da violencia machista, reivindicamos a permanencia dun sistema de asistencia público e gratuÃto, independente das variacións económicas, xa que a violencia coloca ás mulleres en situación de desprotección e inxustiza social.
Neste 2013 pretendemos facer un chamamento especial referido ás xeracións máis novas. Os últimos estudos apuntan que a violencia contra as mulleres segue moi presente entre os adolescentes. Nun mundo cada vez máis interconectado, os comportamentos violentos adquiren novas canles vinculadas ás posibilidades que ofrecen as redes sociais e a tecnoloxÃa 2.0.
É por iso polo que hai que situarse un paso por diante e inculcar o total rexeitamento entre os mozos e mozas a calquera actitude ou acción machista. A prevención segue a ser unha materia pendente nas familias, nas institucións e nas propias escolas.
Lembramos que o Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia leva máis dunha década ofrecendo programas de asistencia integral a aquelas mulleres que sofren malos tratos. Tamén desenvolvemos terapias confidenciais e gratuÃtas a aqueles homes que queiran rehabilitarse e deixar de exercelos.
Para que a sociedade avance é preciso deixar atrás lastres como a violencia contra as mulleres, combaténdoa de xeito activo. No COPG continuaremos traballando para contribuÃr coa nosa práctica profesional a que isto sexa asÃ.
A Xunta de Goberno do COPG, Santiago de Compostela, 25 de Novembro de 2013