O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) celebra o curso “Abordaxe da intervención psicolóxica en centros educativos”
O relatorio será o sábado 30 de novembro, a partir das 09:30 horas, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela.
A actividade está dirixida aos psicólogos e psicólogas do GIPCE, para previr trastornos emocionais a menores que se vén envoltos nunha situación de emerxencia.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013. O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) programa para o vindeiro sábado 30 de novembro o curso “Abordaxe da intervención psicolóxica en centros educativos”. A xornada, que comezará ás 09:30 horas na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, está dirixida aos profesionais do GIPCE que queiran afondar nas terapias relativas a menores que viviran unha situación de emerxencia.
No seminario farase unha aproximación ao coñecemento práctico das intervencións realizadas nos centros educativos e unha posta en común dos resultados deste traballo. Nos últimos anos fóronse dando numerosas situacións de emerxencias nas que se ven implicados menores. A escola como contexto social das nenas e nenos supón en moitas ocasións o escenario das mesmas.
Como nos amosa a experiencia avalada por distintos estudos, unha intervención rápida axuda a previr posibles alteracións ou trastornos emocionais. Neste sentido, é importante que nos centros educativos se poida manexar o dó e fomentar os mecanismos psicolóxicos de defensa que os nenos e nenas teñen ante as emerxencias.
A reflexión grupal sobre este aspecto e as frecuentes demandas de intervención que nos últimos anos recibiu o GIPCE, reflictiron a necesidade de crear un grupo de traballo para a elaboración dun protocolo especializado de actuación nestes ámbitos.
Por outra banda, a repercusión mediática que conlevan as emerxencias nas que se ven implicados menores, fai que xurdan novos factores a ter en conta e novas tipoloxías nas intervencións. Así que é necesario facer unha análise das actuacións coa prensa, coa posibilidade de que esta sexa unha canle complementaria para facer chegar a un amplo rango de poboación mensaxes tranquilizadoras, normalizadoras e/ou preventivas
Sede Social
Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org
Cómo llegar
Ver plano
Secretaría Técnica
Tel. 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org
Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org