O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entrega os premios literarios “Rosa de Cen Follas”
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entrega os premios literarios “Rosa de Cen Follas” Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fará entrega o vindeiro martes 10 de decembro dos premios literarios “Rosa de Cen Follas”. O concurso, convocado polo COPG, cumple xa a súa sexta edición.
Na modalidade de poesía, a galardoada este ano é Azucena Arias Correa, pola obra “Silencio cómplice”. Na categoría de narrativa, o autor recoñecido é Carlos Méndez Leis, polo seu escrito “Cobiza”. Será a decana do COPG, dona María Rosa Álvarez, quen fará entrega dos recoñecementos, acompañados dun premio en metálico para cada modalidade e da tradicional rosa conmemorativa. Os gañadores serán convidados a ler as súas pezas aos asistentes, ao igual que aqueles participantes que o desexen.
O acto comezará ás 20:00 horas, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, situado na rúa Espiñeira, número 10 (Baixo), en Santiago de Compostela. Celebrarase a continuación da Asemblea Xeral de colexiados e colexiadas do COPG, onde ademais de tratar diversos puntos de regulamento interno, realizarase un recoñecemento ao traballo realizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).