O COPG celebra a conferencia

O COPG celebra a conferencia “O papel da/o psicóloga/o desde a perspectiva do xulgador: Actuación previa e no acto de xuízo”

A actividade formativa será o sábado 14 de decembro, a partir das 10.00 horas, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela

O relatorio estará impartido polo maxistrado Emilio Fernández de Mata

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza para o vindeiro sábado 14 de decembro a conferencia “O papel da/o psicóloga/o desde a perspectiva do xulgador: Actuación previa e no acto de xuízo”. O obxecto deste relatorio é informar sobre a necesidade que os xuíces teñen dos psicólogos e psicólogas forenses en determinadas casuísticas.

O encargado de impartir a conferencia é Emilio Fernández de Mata, maxistrado da sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nela, informará sobre cal é o papel que os xuíces agardan dos psicólogos/as forenses e tratará de sensibilizar aos asistentes sobre a importancia, cada vez maior, da formación específica e da actualización e reciclaxe dos profesionais que traballaban neste eido tan especializado.

Tamén se abordará, desde a perspectiva legal, as diferentes actuacións do psicólogo/a forense, tanto previas como no acto de xuízo. Os asistentes terán a oportunidade de expoñer aquelas cuestións que lles resulten de interese ou xeren calquera inquedanza formativa.

O conferenciante, Emilio Fernández de Mata, conta cunha ampla experiencia na maxistratura e tamén na formación, tendo participado en numerosos cursos, incluíndo o Máster de Psicoloxía Xurídica e Forense da USC. O relatorio celebrarase de 10.00 a 12.00 horas, no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (rúa Espiñeira nº 10 Baixo, Santiago de Compostela).

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org