Psicólogos e estudantes reciben formación para prever a violencia escolar.

Psicólogos e estudantes de Psicoloxía reciben formación especializada para prever a violencia escolar e o bullying

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2014.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para os vindeiros días 21 e 22 de marzo, o obradoiro “Programa de convivencia para a prevención da violencia escolar e o bullying. Programa TEI”. A iniciativa, impulsada pola Sección de Psicoloxía Educativa do COPG, estará impartida polo psicólogo educativo e clínico Andrés González Bellido.

A Tutoría entre Iguais (programa TEI) é unha estratexia educativa para a mellora da convivencia escolar, deseñada como unha medida práctica, preventiva e disuasoria. Ten un carácter institucional e implica a toda a comunidade educativa. O seu principal obxectivo é mellorar a integración escolar, traballar por unha escola inclusiva e unha cultura de tolerancia cero respecto á violencia e o acoso escolar, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias.
A era da xestión do coñecemento desembarcou de cheo na sociedade e as organizacións viron a importancia das persoas como individuo e como parte dunha rede do coñecemento. Esta é unha trama que non se pode desligar do aspecto social que implica toda interrelación. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia considera a participación activa dos iguais como un elemento básico e dinamizador do proceso de aprendizaxe, de convivencia e tamén deste proxecto.

A calidade nunha interrelación implica respecto e tolerancia pola individualidade e a pluralidade dos seus membros. Un convivir en valores morais que potencie os dereitos humanos, a convivencia, o desenvolvemento do potencial da persoa e dificulte a aparición do abuso de poder. A rede entre iguais pode ser un gran motor de cambio de comportamentos e actitudes que para desenvolver a prosocialidade dos seus membros, a súa seguridade e autoestima.

O PROGRAMA TEI nace no ano 2002 está en activo desde 2004 en máis de 150 centros educativos. Contémplase na formación permanente do profesorado de diferentes comunidades autónomas e universidades, tanto a nivel de Educación Primaria como de Secundaria, en centros públicos, concertados e privados.

O COPG organiza este obradoiro como unha boa oportunidade para coñecer, desenvolver e implementar un programa que está demostrando ser moi eficaz na prevención da violencia e no desenvolvemento de hábitos prosociais. O curso está dirixido a profesionais da Psicoloxía, en activo ou parados, así como a estudantes de último curso da Licenciatura e do Grao en Psicoloxía. Impartirase o venres 21 de 17:00 a 20:00 horas e o sábado 22 de 10:00 a 14:00 horas, na aula 10 do módulo A da Facultade de Psicoloxía da USC.

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org