O COPG imparte formación sobre a aplicación da hipnose nas terapias psicolóxicas
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para os vindeiros días 11 e 12 de abril o “Curso práctico de iniciación á hipnose”. Trátase dunha iniciativa formativa que pretende dotar ao alumnado asistente dunha serie de habilidades e coñecementos básicos acerca da aplicación da hipnose, con independencia do enfoque que ostenten. O encargado de impartir a materia é o psicólogo e hipnoterapeuta Estevo Creus Andrade, que conta cunha dilatada traxectoria profesional neste eido.
Más información: Documento adjunto