Psicólogos e psicólogas de emerxencias fórmanse
Psicólogos e psicólogas de emerxencias fórmanse sobre as técnicas de autocoidado que precisan tras as súas intervenciónsSantiago de Compostela, 22 de maio de 2014.- O Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia programa para os vindeiros dÃas 23 e 24 de maio unha actividade formativa destinada aos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). Trátase dun curso teórico-práctico orientado ao autocoidado de intervenientes destinado, neste caso, a aquelas persoas que traballan en situacións de emerxencias (coidado de coidadores/as).
Os principais obxectivos deste curso son coñecer os riscos da intervención en emerxencias e os recursos de afrontamento cos que conta cada persoa e o equipo no seu conxunto; minimizar o impacto dos riscos psicosociais e favorecer a activación dos recursos propios, asà como a adquisición de novas habilidades. Para conseguir isto empregarase unha metodoloxÃa grupal e participativa.
A dÃa de hoxe, a maior parte das guÃas internacionais sobre boas prácticas recomendan ás organizacións que conten con plans especÃficos para o coidado dos seus membros. Os beneficios de coidar ás persoas e aos equipos que traballan en situacións complexas, asà como as desvantaxes de non facelo, están amplamente documentados.
A docenteA encargada de impartir o curso é
Inmaculada Albi Gascó, psiquiatra na ConsellerÃa de Sanidade da Generalitat Valenciana. Membro de SiRa, rede multidisciplinar que traballa no campo da ClÃnica, a psicoterapia, a cooperación internacional, a axuda humanitaria e o traballo en ONGs. Actualmente participa en actividades formativas, apoio a cooperantes e a equipos e persoas vÃtimas de violencia polÃtica e social. Experta en coidado de equipos en organizacións como Médicos Sin Fronteras e Médicos del Mundo.