O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca os premios literarios “Rosa de Cen Follas”
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca a sétima edición dos premios literarios “Rosa de Cen Follas”. Os autores e autoras que desexen participar teñen que remitir os seus textos orixinais, escritos en lingua galega, antes do vindeiro 13 de xuño.
Os galardóns contan coas categorías de lírica e narrativa. As obras que concorran deben ser inéditas e non premiadas con anterioridade e a súa temática é libre. Deberán ter unha extensión máxima de dúas páxinas, escritas por unha soa cara. Os premiados e premiadas recibirán 250 euros en cada categoría, ademais dun agasallo conmemorativo do concurso.
O xurado estará composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, ademais de dous compoñentes de recoñecida traxectoria no mundo da cultura e das letras.
As bases completas do certame poden atoparse na páxina web do COPG
www.cop.copgalicia.org.