A identidade de xénero, a homofobia e a transfobia centran os actos do COPG co gallo do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller


Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da USC programan para este 5 de novembro a conferencia “Desigualdade por razón de orientación sexual e identidade de xénero, homofobia e transfobia”. A profesional especialista encargada de impartila será a fiscal contra a Violencia de Xénero de Madrid, Teresa Peramato Martín.

Esta actividade forma parte dos actos previstos polo COPG para conmemorar o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Para deixar atrás o lastre da violencia para as mulleres, o Colexio cre necesario combatela de xeito activo.  Desde xeito, a institución leva máis dunha década ofrecendo programas de asistencia integral a aquelas mulleres que sofren malos tratos e desenvolvendo terapias confidenciais e gratuítas a aqueles homes que queiran rehabilitarse e deixar de exercelos. Pero a violencia contra a muller abarca outras agresións a maiores dos malos tratos: a discriminación laboral, por orientación sexual, por discapacidade... Todas necesarias de erradicar desde a loita pola igualdade para que a sociedade poida avanzar.

A sesión celebrarase no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía este mércores 5 de novembro ás 19:30 horas, con entrada libre e gratuíta.

A poñente

Teresa Perato Martín é licenciada en Dereito pola Universidade de Salamanca e ingresou na carreira Fiscal en 1989. Exerceu como avogada fiscal nas Audiencias Provinciais de Tenerife e Valladolid, e como fiscal dos Tribunais Superiores de Xustiza de Cataluña e Madrid. Neste último, desempeñou o seu labor na área de protección e dereitos fundamentais dos e das menores, para logo exercelo no Xulgado de Instrución nº40 de Madrid. En 2005 foi nomeada fiscal delegada na Sección de Violencia sobre a Muller. Na actualidade é fiscal adscrita á fiscal de Sala contra a Violencia sobre a Muller.

Foi membro do Grupo de Expertos do Observatorio Estatal de Violencia contra a Muller para a elaboración do Primeiro Informe Anual do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller (2007), no que segue participando a día de hoxe.

Impartiu numerosos cursos, moitos deles internacionais, relacionados co Dereito penal, civil e procesal, en relación coas materias de violencia doméstica e de xénero. Participa en actividades de formación para forzas e corpos da seguridade do Estado e policías locais, persoal sanitario, universidades, etc. É autora de cuantiosas publicacións neste ámbito.

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org