O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia valora valora moi positivamente a aprobación por unanimidade dunha proposición non de lei a prol da enxeñaría informática

Os enxeñeiros galegos, integrados no Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática, aprecian un paso firme na regulación da profesión


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), integrado no Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII), valora dun xeito moi positivo a recente aprobación, por unanimidade, dunha proposición non de lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados para que a Enxeñería Informática e a Enxeñería Técnica Informática acaden o mesmo nivel de definición académico có resto das enxeñerías.

A aprobación da iniciativa parlamentaria -que tivo lugar na tarde de hoxe, 11 de febreiro- representa, en palabras do propio presidente do CPEIG, Fernando Suárez, un “paso firme e decidido na regulación da profesión” que ofrece “maior claridade e seguridade no panorama normativo das titulacións e dos profesionais da Informática”.

No texto da iniciativa parlamentaría indícase que o Congreso dos Deputados insta ao Goberno a que:

1. Adopte as medidas necesarias para que, con respecto á normativa e competencias regulatorias no ámbito profesional, a enxeñería informática acade o mesmo nivel de definición académica có resto das enxeñerías.

2. Promova a participación das entidades legais responsables, tanto do ámbito informático académico como profesional, naqueles foros e organismos cuxa responsabilidade implique o desenvolvemento e implantación das tecnoloxías da información e os servizos dixitais.

O CPEIG considera moi acertada a iniciativa por parte do grupo parlamentario propoñente e polo conxunto dos grupos que a apoiaron. A partir deste momento, traballará, como parte integrante do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática, para que os puntos aprobados da proposición non de lei se trasladen ás accións concretas do Goberno e así mellore a situación regulatoria da Enxeñaría Informática.


Fuente: CPEIG
Fecha: febrero 2015

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org