O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia nomea Colexiado de Honra a Jesús RodrÃguez RodrÃguez
O Ceesg celebrará o sábado 28 de marzo en Lugo a súa asemblea anual e as eleccións á súa Xunta de Goberno
Durante a xornada terá lugar o acto de nomeamento de Jesús RodrÃguez RodrÃguez como Colexiado de Honra da entidade
O vindeiro
sábado 28 de febreiro as educadoras e educadores sociais daranse cita en
Lugo na Asemblea Xeral Ordinaria do seu colexio profesional. Terá lugar pola mañá no
Centro de Convivencia Maruja Mallo. Neste encontro exporanse as actividades realizadas polo Ceesg durante o ano 2014, e debateranse os plans de traballo e orzamentos para o 2015. Tamén terán lugar durante a mañá as eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg, de xeito que se decidirá sobre as liñas estratéxicas que seguirá a entidade durante os vindeiros catro anos.
Xa pola tarde, ás
16.30 horas celebrarase o
acto público de nomeamento de
D. Jesús RodrÃguez RodrÃguez como Colexiado de Honra do Ceesg. Esta mención honorÃfica supón un recoñecemento expreso do seu labor e contribucións ao desenvolvemento da profesión de Educación Social.
Jesús RodrÃguez RodrÃguez é profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, integrante do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, membro da Asociación de Veciños de Cabreiros (Xermade) e un estreito colaborador do Ceesg en múltiples iniciativas.
Data: sábado 28 de febreiro de 2015
Lugar: Centro de Convivencia Maruja Mallo
Horarios: Asemblea Ceesg: 10.00 horas
Nomeamento colexiado de honra: 16.30 horas
Contacto: Tel. 981 552 206 |
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla