O Colexio de Xestores Administrativos e a Xunta analizan posibles vÃas de colaboración entre ambas entidades
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar, mantiveron hoxe unha xuntanza onde abordaron posibles vÃas de colaboración entre ambas entidades. No encontro tamén estivo a directora de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar
A xuntanza de hoxe ten coma obxectivo tender pontes entre ambas institucións e identificar proxectos de interese para ambas partes co obxectivo principal de acadar unha administración mais áxil, eficiente e próxima nas súas relacións coa cidadanÃa.
Neste senso, a Presidenta dos xestores administrativos ofreceuse para poñer a disposición da Administración todo o coñecemento e experiencia acumulada por estes profesionais, pioneiros no uso das novas tecnoloxÃas (cabe destacar os procedementos de matriculación e transferencia online de vehÃculos que levan a cabo os xestores administrativos en colaboración coa DGT).
Case 600 profesionais O Colexio de Xestores Administrativos de Galicia agrupa e representa ao colectivo de Xestores Administrativos que exercen en Galicia, actualmente case 600 profesionais especializados no deseño dun sistema de asesoramiento
especÃfico dirixido a cidadáns e empresas en materias fiscal, financeira, laboral, inmobiliaria, notarial e de prevención de riscos laborais, entre outras.
Os xestores administrativos exercen en réxime de libre competencia, avalados por unha titulación universitaria e pola propia administración, que lles outorga o tÃtulo oficial trala superación duns exames de acceso ou o desenvolvemento dun Máster Universitario en Xestión Administrativa.
Actualmente, para poder exercer é requisito imprescindible a colegiación, que, entre outras esixencias, obriga ao cumprimento dunhas normas deontológicas e garante ante os cidadáns a solvencia dos servizos prestados.
Fuente: Gabinete de Prensa Colegio de Gestores Administrativos de Galicia
Fecha: 3 de marzo 2015