Profesionais da psicoloxÃa revisan a incidencia das emocións propias e alleas no seu traballo
El sábado 7 de marzo celebrouse no Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia unha xornada sobre a práctica da psicoloxÃa no ámbito da intervención social. Este encontro profesional centrouse en dous aspectos: por unha banda, o código ético e, pola outra, as emocións que se manifestan no exercicio profesional tanto por parte do psicólogo ou psicóloga como da persoa atendida. Estes dous factores teñen unha forte influencia na actividade da psicoloxÃa e require coñecelos ben para evitar as súas interferencias no dÃa a dÃa.
No caso da xestión das emocións, as relatoras Mª Leonor Galiana e Mª del Carmen Patiño, reflexionaron sobre como un adecuado manexo pode influÃr na mellora da práctica profesional. AsÃ, incidiron no recoñecemento e na análise dos estados emocionais propios do psicólogo ou psicóloga, ademais dos da persoa que está a ser atendida, xa que ambos os dous son factores incidentes na práctica profesional. Tanto Galiana como Patiño son psicólogas da Sección de Intervención Social e membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.
Outra cuestión presente nas intervencións é o do código deontolóxico, un conxunto de normas e valores que aseguran unha práctica profesional ética e ao que debe recorrer calquera psicólogo ou psicóloga cando se atope con situacións que rozan o lÃmite entre o que deberÃa ser e o que se pode facer. Francisco Blanco, psicólogo e presidente da Comisión de Ética e DeontoloxÃa do COPG, realizou unha revisión dos principios da ética profesional e a súa transposición como obrigas deontolóxicas, á vez que reflexionou sobre novos retos que propón unha sociedade cambiante.
Fonte: Colexio de PsicoloxÃa de Galicia
Data: 7 de marzo 2015