O COPG forma a terceira promoción de profesionais para realizar informes periciais nos procesos xudiciais


Este sábado día 14 de marzo a sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desenvolve o III Obradoiro sobre informes periciais e asistencia á vista, dada a elevada demanda que tiveron o I e o II Obradoiro, ofrecidos en 2013 e 2014. Como nas edicións anteriores, o obradoiro será impartido por Carmen González Pais, psicóloga forense, que conta con alta experiencia profesional no eido da psicoloxía forense, concretamente na avaliación da credibilidade, da imputabilidade e da agresión sexual, e que desenvolve o seu labor na Unidade de Psicoloxía Forense (USC), de recoñecido prestixio e referencia de investigación en técnicas forenses, tanto nacional e internacional.

Este curso de formación, que terá lugar na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía, entra dentro do proxecto anual de formación proposto pola Sección de Psicoloxía Xurídica, e vai dirixido a todos aqueles profesionais psicólogos e psicólogas que leven a cabo intervencións nos diferentes procesos xudiciais, e especialmente a aqueles profesionais noveles que desexen formación neste campo.

Con este obradoiro preténdese dar a coñecer as diferentes fases e metodoloxías para a elaboración do Informe Pericial. Concretamente, dotar aos psicólogos e psicólogas forenses que participen dos instrumentos así como das habilidades e competencias que lle permitan abordar dunha maneira máis eficaz a súa función como peritos. Así mesmo, afondar na identificación das dificultades  coas que se poidan atopar na realización da pericia, tanto á hora de avaliar como de redactar ou defender o Informe Pericial na vista oral.

A formación continuada ten como consecuencia a excelencia na actuación profesional así como a súa adecuación cada vez maior a unha práctica deontoloxicamente impecable, que son dous dos obxectivos nos que se segue traballando desde o Colexio de Psicoloxía de Galicia e especialmente desde a Sección de Psicoloxía Xurídica.

Máis información: Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org

Â