A Consellería de Sanidade arrisca un proxecto de investigación europeo en telemedicina

En recentes declaracións publicadas en medios de comunicación por un representante da Consellería de Sanidade díxose que se estaba a poñer en marcha na sanidade galega unha estratexia para tratar “a distancia” a persoas con depresión usando tecnoloxías da comunicación, entre elas a videoconferencia, e baseándose en médicos de atención primaria que terían como referentes a especialistas en psiquiatría para asesoralos na aplicación de técnicas terapéuticas desenvolvidas pola Psicoloxía dentro do que se chama modelo cognitivo-conductual.

O responsable de saúde mental da Consellería declarou que isto é un novo tratamento, aínda que tamén sinalou que é un proxecto asistencial piloto no que os médicos de Atención Primaria participarían de forma voluntaria. Pero nada di de como se respectarán os dereitos dos pacientes, que obrigatoriamente deben ser informados do carácter experimental do tratamento, dos seus riscos potenciais, do seu dereito a recibir a prestación dos tratamentos xa coñecidos e en aplicación na actualidade, así como da posibilidade de retirarse dese estudo cando o desexen sen sufrir prexuízo algún. É inexcusable o consentimento informado do paciente para ser incluídos nesa investigación.

Máis información:  Arquivo adxunto
 

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org