Máis de 40 profesionais da psicoloxÃa prepáranse para intervir en emerxencias
A partir de mañá venres 24 de abril, un total de 45 psicólogos e psicólogas capacitaranse para intervir en emerxencias e catástrofes grazas a un curso que se realizará en catro sesións en Santiago de Compostela. Nesta formación proposta polo Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia coñecerán as pautas nas actuacións do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG e poderán adquirir os coñecementos, técnicas e habilidades para o desempeño profesional en contextos de emerxencias.
No curso analizaranse as distintas reaccións individuais e grupais das persoas afectadas que poden experimentar en situacións de catástrofes e emerxencias e que tipo de trastornos poden asociarse. Asà mesmo, revisarase o papel e a función do psicólogo ou psicóloga, os seus obxectivos e os principios de actuación, asà como as ferramentas que teñen á súa disposición, tendo en conta as caracterÃsticas especÃficas deste tipo de circunstancias. A planificación, a xestión da información e a comunicación serán obxecto de reflexión nas xornadas, pero tamén se terá en conta o coidado dos e das intervenientes.
Unha das docentes será Ana Isabel MartÃnez Arranz, membro do GIPCE desde 2004 e coordinadora do mesmo de 2006. É terapeuta familiar e desenvolve a súa actividade profesional desde hai máis de trece anos no Concello de Camariñas (A Coruña), cunha extensa experiencia en psicoloxÃa de emerxencias. A segunda das docentes será e Mª Carmen González Hermo, que fai parte do GIPCE desde hai unha década e que hai cinco anos entrou na súa Comisión Coordinadora. Exerce como psicóloga na Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional.
O curso, de perfil teórico-práctico, impartirase o 24 e 25 de abril e o 8 e 9 de maio na sede do Colexio Oficial de PsicoloxÃa, en Santiago de Compostela.
O GIPCE O GIPCE é un grupo de psicólogos e psicólogas colexiados e especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes. Coa súa intervención procuran minimizar o impacto nas persoas afectadas, restaurar as súas capacidades e recursos para que poidan resolver o máis eficazmente a situación de estrés e previr posibles problemas psicolóxicos posteriores. Tamén asesoran a dirección da emerxencia sobre o impacto psicolóxico das súas actuacións nos colectivos afectados, e realizan unha tarefa de autocoidado do grupo, intervindo para diminuÃr o nivel de estrés dos intervenientes tras realizar unha intervención.
O GIPCE intervén durante o tempo que dura a situación crÃtica, en contextos como accidentes, inundacións, naufraxios, desaparicións, secuestros, situacións de violencia, etc., nas que haxa persoas afectadas que precisen de atención psicolóxica, e sempre e cando as persoas afectadas acepten a súa participación. Pertence ao Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia, e desde o ano 1997 conta cun convenio coa Xunta de Galicia. A súa andaina comezou en 1996, cos movementos sÃsmicos de Lugo e Ourense, baixo o nome de Grupo de Protección Civil. A partir dos atentados do 11-M no 2004 deu un salto cualitativo e cuantitativo, e xerouse unha rede de profesionais capaz de dar unha resposta eficaz neste tipo de situacións as 24 horas do dÃa durante os 365 dÃas do ano na nosa comunidade.
Fonte: Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia
Data: 23/04/2015
Máis información: Arquivo adxunto