O Colexio de PsicoloxÃa reclama a supervisión de profesionais especialistas en clÃnica do proxecto para o tratamento online da depresión
A respecto do proxecto Mastermind da Unión Europea, no que participa Galicia, anunciado como tratamento online para a depresión dende atención primaria, o Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia desexa manifestar o seu completo rexeitamento ao modo no que se implantará este programa. Desde a institución considérase que este tipo de programas deben contar sempre coa supervisión dos psicólogos/as clÃnicos/as do SERGAS.
A formación que reciben os médicos e médicas de familia, como a que se imparte hoxe en Vigo para 50 profesionais, de catro horas de duración, resulta a todas luces insuficiente para abordar cun mÃnimo de rigor un trastorno como o da depresión, máis aÃnda cun tratamento experimental de telemedicina.
Este programa atópase nunha fase de investigación para coñecer a potencialidade, a eficacia e a eficiencia da administración informatizada dun tratamento cognitivo-condutual para a depresión, que hoxe en dÃa é unha das principais causas de discapacidade no mundo. Galicia deberá achegar 200 pacientes ao proxecto europeo para pór en práctica este servizo, pero desde a Administración estase anunciando como un proxecto piloto de carácter "asistencial" para tratar depresións leves (unha caracterÃstica non recollida no proxecto orixinal), como alternativa complementaria e como unha axuda máis para os médicos de atención primaria. Asà dáse a idea de que se trata dunha iniciativa pioneira da Xunta de Galicia que terá acceso universal, o que distorsiona o proxecto orixinal e os seus obxectivos, co que se está a poñer en risco o conxunto da investigación europea.
Tamén se implementarán videoconferencias para os pacientes tratados en atención primaria onde o médico e a persoa usuaria terán unha entrevista cun especialista para apoiar o diagnóstico, a planificación do tratamento, o seu seguimento e a educación. As e os psicólogos clÃnicos do SERGAS denuncian que non teñen comunicación directa coa Administración nin figuran como asesores, senón que se recorreu a especialistas en psiquiatrÃa. É dicir, que o Mastermind estase anunciando como un tratamento psicolóxico coordinado por médicos e médicas de atención primaria que terán como referentes finais a especialistas en psiquiatrÃa, ignorando aos especialistas en psicoloxÃa clÃnica que serÃa o perfil profesional idóneo para isto.
Esta desinformación queda patente cando desde a consellerÃa de Saúde aseguran que este tratamento "evita acudir á consulta de psicólogos clÃnicos, que hai poucos en atención primaria". En atención primaria non hai profesionais de psicoloxÃa clÃnica, unha demanda que vimos realizando desde o Colexio desde hai moitos anos, xa que está recomendado polas organizacións internacionais e evitarÃa que trastornos que poden ser detectados e tratados nunha fase máis inicial deriven en complicacións maiores e teñan que rematar en atención especializada. Máis aÃnda cando nin neste ano nin no anterior na Oferta Pública de Emprego (OPE) da Administración galega se convocaron prazas para especialistas en psicoloxÃa clÃnica e hai prazas por xubilación que non se están a cubrir ou incluso se presta servizo externalizándoo a través de oenegués ou fundacións privadas.
Ver documento adjunto Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015