Profesionais da psicoloxía de emerxencias analizan as intervencións en caso de suicidio


Os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reflexionan sobre as propias intervencións en casos de mortes por suicidio no marco dun seminario formativo previsto para este sábado 6 de xuño. Na xornada de carácter interno analizarán as actuacións realizadas neste tipo de falecementos durante o 2014 e 2015, para o que foron requiridos en dúas ocasións cada ano.

A docencia correrá por conta dos propios psicólogos e psicólogas intervenientes, que exporán a súa experiencia. Así mesmo, revisaranse pautas de actuación para futuras activacións en caso de morte por suicidio, tendo en conta os datos estatísticos que se manexan na actualidade e as recomendacións propostas desde a Organización Mundial da Saúde e desde a Consellería de Sanidade.

Galicia posúe unha taxa de suicidios moi superior á media do conxunto do Estado, que neste último ano, de acordo cos datos do Instituto de Medicina Legal de Galicia, IMELGA, se sitúa na nosa Comunidade en 14 por 100.000 habitantes, fronte aos 12,03 estatal. En datos absolutos, 394 persoas quitáronse a vida en Galicia en 2014, unha cifra moi superior ás 333 de 2013 e que mantén unha tendencia en alza nos últimos anos.  

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2015

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org

Â