O traballo das Educadoras e Educadores Sociais inspira un libro de relatos: #Edusohistorias.


“#EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” foi escrito por 23 profesionais da intervención social procedentes de diversos ámbitos de traballo e de diferentes puntos do Estado.

“#EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” foi coordinado e editado polos responsables de Educablog.

“#EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” está á venda ao prezo de 14 euros e pode adquirir desde a plataforma online
de autoedición Bubok.

traballo-das-EducadorasA realidade supera a ficción. Esta máxima foi a que inspirou aos  bilbaínos Iñigo Rodríguez, Raúl Luceño, Asier Félix e Jorge Roz, os responsables que están detrás de EducaBlog (www.educablog.es), a embarcarse na elaboración e edición dun libro de relatos que, mediante a ficción, se explica a profesión da Educación Social.

Para facelo, ademais, decidiron que os acompañase un nutrido grupo de profesionais de diferentes puntos do Estado. E así, froito desta colaboración e deste traballo, xurdiu “#EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social”, unha obra de 226 páxinas ao prezo de 14 euros, que pode adquirirse a través da plataforma Bubok.

“EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” é unha obra de carácter vivencial na que os seus autores poñen o acento nas historias das persoas coas que comparten os procesos de cambio, proporcionando así un maior reflexo da realidade social, así como nas emocións que este traballo xera neste colectivo profesional das e os Educadores Sociais.

Un libro, con todo, que reúne 23 relatos de ficción baseados en historias reais protagonizadas por estes profesionais e polas persoas coas e para as que traballan. Historias sobre infancia institucionalizada, sobre persoas con problemas de adicción, sobre persoas sen fogar; contos sobre mulleres, sobre migrantes, sobre persoas maiores; relatos sobre diversidade funcional, sobre o traballo comunitario, persoas privadas de liberdade, con dificultades en saúde mental... Escritos, en definitiva, dun grupo de Educadores e Educadoras Sociais prologados por dous mestres na materia, Segundo Moyano e Enrique Martínez-Reguera e coordinados polo Equipo EducaBlog.

EducaBlog (www.educablog.es), espazo dedicado á Educación Social, leva traballando na visibillización da devandita profesión desde 2006. Ademais da web e das redes sociais nas que está presente, os seus responsables realizan accións formativas relacionadas coas TIC e a intervención social con diferentes colectivos (Colexios Profesionais, alumnado de institutos de secundaria, alumnado do grao universitario de Educación Social, etc.), realizaron o documental “Conversando Educación Social: Proxecto #EducaBlog” (2014), dispoñible gratuitamente na plataforma Vimeo, así como o libro “EducaBlog 2006-2011: de la Red al Papel” (2011) no que se recompilaban os artigos máis destacados escritos no primeiro lustro de vida do blog.

“#EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” preséntase en Galicia os próximos días 18 de xuño en Ourense e 19 de xuño en Vigo, en sendos actos organizados polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, nos que intervirá o equipo Educablog xunto a Alfonso Tembrás, educador social especializado no eido das adiccións e un dos autores colaboradores da publicación.

Datas, lugar e horarios das presentacións:
Ourense:
Xoves 18 de xuño
19:30 h.
Liceo de Ourense
Rúa Valentín Lamas Carbajal, 5

Vigo:
Venres 19 de xuño
19:30 h.
Oficina Municipal do Casco Vello
Rúa Oliva, 12

Contacto:
Ceesg: Tlf. 981.55.22.06  | Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Alfonso Tembrás: Tlf. 636.57.01.57

Nota:
Axúntase nota co mesmo texto en formato pdf, cartaces dos actos de presentación e imaxe da portada do libro.

 Eduso historias Ourense
 Eduso historias Vigo
 Educa blog

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org