A Asemblea da Saúde Mental de Galicia denuncia o grave deterioro da asistencia pública na súa área
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014.- Esta tarde, a Asemblea da Saúde Mental de Galicia presentou a declaración "Pola protección da saúde mental e contra o deterioro da súa asistencia pública", coa que pretende denunciar a grave situación que está a sufrir esta área e que está a repercutir directamente na cidadanÃa e na súa saúde.
O seu portavoz, o psicólogo clÃnico Miguel Anxo GarcÃa, destacou que a situación en saúde mental é "moi preocupante" e indicou varios datos neste sentido. Denunciou que se carece de datos oficiais que dean conta da gravidade da situación, derivada especialmente da crise económica e da súa xestión. Se ben a Organización Mundial da Saúde (OMS) alertou de que é previsible un incremento da problemática en saúde mental a consecuencia da actual circunstancia económica, non hai información oficial do que está a acontecer.
Tamén sinalou que "non hai plan nin proxecto nin traxectoria de futuro", debido á suspensión do Plan Autonómico de Saúde Mental de Galicia. Asà mesmo, declarou que se está a dar un "fenómeno de limitación de acceso aos recursos e de realización dos dereitos asistenciais", con circunstancias como atopar ata o 30% das camas de hospitalización psiquiátrica na actualidade cando historicamente sempre estiveron completas.
A distancia entre as consultas sucesivas está alcanzar tan magnitude que para este movemento é imposible que se preste unha asistencia de calidade, e un amplo sector da sociedade non pode recorrer ao sector privado por carencia de recursos económicos.
Asà mesmo, Miguel Anxo GarcÃa indicou que entre 70.000 e 80.000 persoas en Galicia padecen trastornos mentais graves, e delas, entre 27.000 e 40.00 non acceden aÃnda ao sistema de atención á discapacidade, previsto na Lei de dependencia.
"Outro dato preocupante é o incremento da taxa de suicidio en 2012 en España", dixo Miguel Anxo GarcÃa, sinalando que pode gardar certa relación coa actual crise económica. En España pasou dun 6,64% a un 7,5%, "pero en Galicia mantemos a posición de maior agravamento do conxunto do Estado". AsÃ, na Coruña pasouse dun 11,7% a un 13,1%; en Lugo, dun 13,4% a un 16,1%; en Pontevedra dun 8,5% a un 9,1%. Só baixou en Ourense, dun 12,9% a un 11,8%. Denunciou que non se están a realizar polÃticas proactivas de prevención do suicidio nin de protección das persoas sen fogar. "É unha xestión do dÃa a dÃa sen horizonte, sen orientación, sen saber o que se está xestionando", denunciou.
Diante da crueza dos datos expostos e da declaración que se fixo nesta Asemblea, Miguel Anxo GarcÃa sinalou: "O duro está en urxencias cada noite, cando as persoas, achegándose nunhas condicións moi malas a nivel psÃquico encóntrase que un recurso que poderÃa alivialas e beneficialas no seu sufrimento, o teñen pechado, ou se lles atende e se lles manda de volta, e chega a ocurrir varias veces. Estamos falando de porta xiratoria en urxencias".
O Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia é unha das institucións que apoia este movemento, co que se pretende informar á cidadanÃa e tomar medidas para comezar a frear o deterioro en curso.
Más información: Documento adjunto
Â
Sede Social
Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org
Cómo llegar
Ver plano
SecretarÃa Técnica
Tel. 600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org
Â
Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org
Â