Os enxeñeiros en informática galegos seguirán no órgano de decisión do consello xeral por catro anos máis


Elixida a nova  Xunta de Goberno do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática, na que se integran 3 membros do CPEIG

junta_gobierno_2015



O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (CCII nas súas siglas en castelán) celebrou o pasado sábado, 29 de agosto,  en Madrid unha asemblea extraordinaria na que, entre outros puntos, tratou a elección da nova Xunta de Goberno. A publicación o 11 de xullo no  BOE dos estatutos definitivos do CCII fixo necesario a convocatoria das eleccións, malia que os últimos comicios tiveron lugar aínda en 2014.

O 29 de agosto presentouse unha candidatura conxunta para a elección dos membros da Xunta de Goberno, de xeito que  este órgano seguirá liderado por Juan Pablo Peñarrubia como presidente.

Peñarrubia, quen repite no cargo, contará coa axuda de tres representantes galegos do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG): como vicepresidente primeiro recunca o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo; como vocal suplente primeiro actuará Juan Otero Pombo, actual vicepresidente do colexio galego; e como vocal suplente cuarto, Juan José González, secretario do CPEIG.

Declaracións do presidente do CPEIG

O presidente do colexio galego e vicepresidente primeiro do CCII, Fernando Suárez Lorenzo, considera de especial relevancia a forte presenza galega na Xunta de Goberno do consello.

Na súa opinión, “trátase da visibilización de que as enxeñeiras e enxeñeiros en Informática galegos contamos, e moito, no conxunto de España, e que o traballo do noso colexio –en relación á reivindicación de melloras para a nosa profesión e de achegamento á sociedade-  é recoñecido polos nosos colegas do resto do país”.

Despois da proclamación da candidatura, así queda a composición da nova Xunta de Goberno do CCII:

- Presidente, Juan Pablo Peñarrubia Carrión
- Vicepresidente 1º, Fernando Suárez Lorenzo
- Vicepresidente 2º, Joaquín Garrido Zamora
- Secretario, Pedro Espina Martínez
- Vicesecretario, Jacinto Canales de Caso
- Tesoureiro, Ignacio Lasheras Herrero
- Vocal 1º, Juan Salvador Castejón Garrido
- Vocal 2º, Julián del Valle Fernández
- Vocal 3º, Markus Hernández
- Vocal 4º, José García Fanjul
- Vocal 5º, Jose Manuel Pacho Sánchez
- Vocal 6º, Rafael Ángel Alonso Álvarez
- Vocal Suplente 1º, Juan Otero Pombo
- Vocal Suplente 2º, Juan Arrue Ullés
- Vocal Suplente 3º, José Brieba Sánchez
- Vocal Suplente 4º, Juan José González

Más información:  Documento Adjunto

Fuente: Colegio Profesional de Ingeniería en Informática de Galicia
Fecha: 31 de agosto 2015

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org