Noticias de Interés General

Un ano da Lei de Inclusión Social de Galicia


Facendo memoria, recordaremos que esta lei (Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia) se aprobou o 31 de decembro de 2013, e non sen poucas críticas, pois dicíase que “chegaba tarde” e que “non garantía dereitos” ás persoas en risco de exclusión. Iso non quita que fose e estea a ser unha lei moi necesaria para abordar as situacións de vulnerabilidade que se dan no país.

Aspectos como a RISGA, que debería cambiarse por unha renda básica universal, a consolidación e dotación dos equipos de inclusión, ou o apoio competencial ós concellos nesta tarefa deben ser puntos clave na axenda política ademais de ser preciso repensar os efectos e consecuencias desta lei e a valoración da súa aplicación despois de transcorrido un ano.

A nosa valoración, despois de ter transcorrido este ano é bastante escéptica, pois ningunha normativa ten vida sen unha partida orzamentaria que a sustente, se non garante dereitos. Neste caso, o único orzamento do II Plan Galego de Inclusión Social recolle as nóminas das técnicas, limitando en grande medida as accións a desenvolver cara un importante número da poboación, facendo crónica dunha situación que debería ser temporal e puntual.

Leer más...

Xornadas “Avaliación e defensa da base psicopatolóxica da imputabilidade”

Nota de prensa sobre as Xornadas “Avaliación e defensa da base psicopatolóxica da imputabilidade”, que se celebran mañá, 13 de decembro, en Santiago de Compostela.

Más información:  Documento adjunto
 

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia presenta o último libro de Jesús Vilar


2 de decembro de 2014
Entre o 4 e o 5 de decembro Jesús Vilar visitará as tres Universidades galegas, onde se realizarán diferentes actos para debater sobre a ética profesional na Educación Social e presentar o libro “Cuestiones éticas de la Educación Social.  Del compromiso político a la responsabilidad en la práctica profesional”.

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia está a traballar na posta en marcha da súa Comisión de ética e benestar profesional, motivo polo cal decidiu organizar a visita de Jesús Vilar a Galicia.  O Ceesg conta coa colaboración das Facultades de Ciencias da Educación das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo para desenvolver os actos que se describen a continuación.

O xoves 4 de decembro participará como membro do tribunal dunha tese doutoral sobre Intervención socioeducativa con menores en protección. Terá lugar ás 11:30 no Salón de Graos “Vicente Risco", no 4º andar do Edificio de Ferro na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense. O autor da tese é o educador social Xesús Deibe Fernández Simo.

Leer más...

Nota de prensa sobre o seminario “Consecuencias psicolóxicas en vítimas de desastres”

Un seminario do COPG analiza as consecuencias psicolóxicas que poden padecer as vítimas de desastres.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2014.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para a tarde do 28 de novembro o seminario “Consecuencias psicolóxicas en vítimas de desastres”. Trátase dunha actividade formativa destinada a profesionais da psicoloxía, que será impartida por María Paz García Vera, catedrática do Departamento de Psicoloxía Clínica da
Universidad Complutense de Madrid (UCM).

 Ver nota de prensa completa

Declaración Institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia


Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra mañá martes, 25 de novembro

Máis información:  Arquivo adxunto
 

O Punto de Información Colexial do Ceesg fará entrega dos premios do concurso fotográfico Olladas dende a Educación Social.


O xoves 13 de novembro ás 18:45 horas celebrarase o acto de entrega de premios do concurso fotográfico Olladas dende a Educación Social. O evento desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

O concurso xurdiu como iniciativa das dinamizadoras do Punto de Información Colexial (PIC) do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg). A intención desta actividade é inmortalizar en imaxes a mirada socioeducativa da vida cotiá e da contorna que nos rodea. Trátase de retratar as utopías, ilusións, inquedanzas, preocupacións, denuncias..., de capturar imaxes que provoquen o debate e a reflexión crítica, fomentando a construción dun discurso conciliador por un mundo máis xusto, no que cada quen temos moito que aportar. Miradas non só desde a Educación Social, senón tamén da Educación Social, evidenciando as realidades onde está presente a nosa profesión e tamén outras nas que pode estar nun futuro non tan afastado.

No concurso establecéronse tres categorías distintas: estudantado, profesorado e PAS de Educación Social da Universidade da Coruña. Haberá un premio e dúas mencións especiais por categoría. O fallo do xurado farase público na entrega de premios, por correo electrónico aos/as participantes e na páxina web do Ceesg.

As fotografías que participaron no concurso poderanse ver nos vindeiros días na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

O PIC da Universidade da Coruña comezou a súa andaina a finais do curso 2012-2013 co obxectivo de crear un vínculo entre o estudantado e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Contacto:
Ceesg | Tlf. 981.552.206 | Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
 

Contacto Unión Profesional de Galicia

Sede Social

Rúa do Banquete de Conxo, 6
15706 Santiago de Compostela
http://www.unionprofesionaldegalicia.org

Cómo llegar
Ver plano

Secretaría Técnica
Tel.  600 766 276
secretaria@unionprofesionaldegalicia.org

 

Gabinete de Prensa
Tel. 679 486 961
prensa@unionprofesionaldegalicia.org