O Movemento Galego da Saúde Mental advirte
O Movemento Galego da Saúde Mental advirte de que o plan de peche da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Gil Casares segue activo Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014.- Malia que se paralizou o plan das autoridades do SERGAS co que se pretendía pechar a Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Gil Casares de Santiago, o
Movemento Galego da Saúde Mental advirte de que esta situación non é definitiva. Se ben é unha boa nova que se detivese o peche, grazas á firme oposición do sector profesional e da cidadanía que se foron sumando en contra dese plan, o Movemento ten coñecemento de que o plan de peche permanece activo.
Foron as fortes razóns nas que se fundamentaron para opoñerse profesionais e usuarios, así como o acceso e desvelamento dos datos e proxectos dos xestores, os que lograron que as autoridades retrocedesen nese obxectivo tan inaceptable. Pero desde o Movemento Galego da Saúde Mental aseguran que teñen datos fundados (ca mesma certeza que cando informaron de que os datos de ocupación do 50% eran falsos) que
o plan de peche permanece activo, que prevén nos tempos inmediatos
unha aplicación sistemática de medidas para desocupar progresivamente camas e logo “bloquealas” (na curiosa terminoloxía xerencial), e que finalmente intentarán pechar a Unidade cando alcancen a cantidade de “camas inactivas” que necesitan para argumentar o que pretenden. Nese plan as necesidades e os dereitos sanitarios non están a ser considerados, o obxectivo é meramente o de cadrar os balances. Desde o Movemento, do que forma parte o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, advirten de que prestarán moita atención a esta situación para tratar de impedila.
Leer más...