O traballo das Educadoras e Educadores Sociais inspira un libro de relatos: #Edusohistorias.
“#EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” foi escrito por 23 profesionais da intervención social procedentes de diversos ámbitos de traballo e de diferentes puntos do Estado.
“#EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” foi coordinado e editado polos responsables de Educablog.
“#EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” está á venda ao prezo de 14 euros e pode adquirir desde a plataforma online
de autoedición Bubok.
A realidade supera a ficción. Esta máxima foi a que inspirou aos bilbaínos
Iñigo Rodríguez,
Raúl Luceño,
Asier Félix e
Jorge Roz, os responsables que están detrás de
EducaBlog (
www.educablog.es), a embarcarse na elaboración e edición dun libro de relatos que, mediante a ficción, se explica a profesión da Educación Social.
Para facelo, ademais, decidiron que os acompañase un nutrido grupo de profesionais de diferentes puntos do Estado. E así, froito desta colaboración e deste traballo, xurdiu “
#EdusoHistorias: un viaje por la
Educación Social”, unha obra de
226 páxinas ao prezo de 14 euros, que pode adquirirse a través da plataforma
Bubok.
“EdusoHistorias: un viaje por la Educación Social” é unha obra de carácter vivencial na que os seus autores poñen o acento nas historias das persoas coas que comparten os procesos de cambio, proporcionando así un maior reflexo da realidade social, así como nas emocións que este traballo xera neste colectivo profesional das e os Educadores Sociais.
Un libro, con todo, que reúne
23 relatos de ficción baseados en historias reais protagonizadas por estes profesionais e polas persoas coas e para as que traballan. Historias sobre infancia institucionalizada, sobre persoas con problemas de adicción, sobre persoas sen fogar; contos sobre mulleres, sobre migrantes, sobre persoas maiores; relatos sobre diversidade funcional, sobre o traballo comunitario, persoas privadas de liberdade, con dificultades en saúde mental... Escritos, en definitiva, dun grupo de Educadores e Educadoras Sociais prologados por dous mestres na materia,
Segundo Moyano e Enrique Martínez-Reguera e coordinados polo Equipo EducaBlog.
Leer más...