O Movemento Galego da Saúde Mental alerta do significativo incremento do suicidio en Galicia
Os casos de suicidios ascende a 390 en 2014, segundo os datos propios do MGSM.
O Movemento denuncia a falta de transparencia na información por parte das autoridades públicas.
Asocian este preocupante incremento á inacción das autoridades sanitarias.O Movemento Galego da Saúde Mental presentou esta tarde en Santiago de Compostela a súa valoración sobre o que considera como alarmante incremento da taxa de suicidio en Galicia. Baseándose nos propios datos que manexa, estímase que a taxa chegou en 2014 a 14 casos de suicidio por cada cen mil habitantes, unha cifra 2 puntos superior á de 2013 (12,03 por cada cen mil habitantes en Galicia fronte ao 8,3 no conxunto do Estado).
Segundo o portavoz do MGSM, Miguel Anxo García Álvarez, este espectacular incremento que se vén producindo desde o comezo da crise, garda relación directa coas consecuencias da crise. “A crise creou as condicións de risco, un risco xa avisado pola Organización Mundial da Saúde, que sinalara as accións para amortecelas. A ausencia de acción do Goberno é o que nos leva a esta situación”. En canto á responsabilidade administrativa, o MGSM amosouse tallante: “un goberno sanitario debe darse por fracasado se no seu mandato as previsións realizadas por un organismo como a OMS se cumpren con danos á poboación”.
Leer más...